Periódico Diagonal

Global

Quen vende armas a Libia?

Dos informes da UE de exportación de armamento: en 2008 e 2009 o conxunto de países europeos vendeu armas a Libia polo valor de 595 millóns de euros. As armas vendidas pola UE a Libia nos últimos anos son, moi probablemente, as que agora están a servir para reprimir as revoltas pacíficas destes últimos días.

JORDI CALVO RUFANGES (CENTRE D’ESTUDIS PER LA PAU J.M.DELÀS - JUSTÍCIA I PAU)
Domingo 13 de marzo de 2011.  Número 145
JPG - 27.3 KB

O estado europeo que vende máis armas a Libia é Italia, por un valor de 205 millóns de euros no bienio 2008-2009, a meirande parte pola venda de aeronaves de combate, moitas delas helicópteros.

A empresa de armamento Finmeccanica, na cal participa o Ministerio de Economía italiano cun 32,5%, ten como accionista a Lybian Investment Authority (LIA), a autoridade gobernamental libia, que posúe o 2,01% das participacións desta empresa, cota que pretendía aumentar até 3% para poder ter un asento no Consello de Administración da empresa.

Destaca tamén Malta, que vendeu ao Gadafi por volta de 80 millóns de euros en armas pequenas e municións, probabelmente de empresas de armamento italianas situadas no seu territorio. É salientábel tamén nestes dous anos a venda de armamento a Libia por parte da Francia (143 millóns de euros), a Alemaña (57 millóns), o Reino Unido (53 millóns) e Portugal (21 millóns).

O Estado español, o sexto maior exportador de armas do mundo, non conta con Libia ente os seus principais clientes: as súas vendas representaron por volta de catro millóns de euros.


- EQUIPO DE TRADUCIÓN

ARTIGOS RELACIONADOS:

- Democracia e cénit do petróleo

LIGAZÓN AO ARTIGO EN CASTELÁN:

- ¿Quién vende armas a Libia?

Enviar | Imprimir | delicious Delicious | meneame Meneame | facebook Facebook | twitter Twitter

Portada número 174
Portada número 174

Boletín radiofónico Diagonal 150
Boletín radiofónico Diagonal 150

CreativeCommons Diagonal. C/ de la Fe, 10. 28012. Madrid. Tel.: +34 91 184 184 7 || webmaster[@]diagonalperiodico.net
RSS || Hecho por dabne.net con SPIP en Nodo 50