
Actualmente mantén operativas catro comisións de traballo (Loxística, Comunicación, Infraestruturas, Seguridade e xestión asemblearia) e prevé activar nos próximos días unha comisión xurídica e outras, xa que a intención do movemento é permanecer no lugar máis aló do 22M. Segundo diversas fontes, a policía non ten intención de intervir esta noite a pesar das prohibicións impostas pola Xunta Electoral Central. Pola súa banda, as persoas acampadas han decidido retirar carteis e lemas durante as xornadas do 21 e 22 con obxecto de evitar así posibles acusacións de incidencia sobre a intención de voto da cidadanía, e centraranse na realización de actividades culturais e lúdicas.
A asemblea de hoxe aprobou un manifesto de mínimos no que insiste na non vinculación a partidos políticos, aínda que define a súa acción como unha clara intervención política da cidanía.
As e os acampadas e acampados organizan asembleas dúas veces ao día cunha asistencia que non cesa de aumentar. Das 300 persoas que xuntábanse incialmente chegouse a preto dun milleiro na asemblea das 20h de hoxe venres. Nestes espazos, as intervencións espontáneas cada día incorporan novas liñas de acción ao discurso, destacando a importancia do achegamento aos colectivos minoritarios e aos movementos sociais. As permanencias nocturnas tamén gañaron en participación, chegando a sumar onte 60 persoas. Hoxe prevese un aumento considerable, non só polo día de semana, senón porque se realizou un chamamento importante para que esta medianoite a xente sómese mostrando forza colectiva.

LIGAZÓN AO ARTIGO EN CASTELÁN:
El campamento en A Coruña gana en madurez...y en número de indignados