
Hoxe ás 7 da mañá conformouse un dispositivo policial no barrio das Atochas, para levar a efecto o desaloxo do Centro Social Okupado Casa das Atochas.
A orde de desaloxo estaba pendente de recursos ata que a definitiva chegou o pasado 23 de marzo.
Desde esa data estaban a efectuarse gardas, por iso hoxe, ás 7 da mañá, atopábanse no centro social dúas persoas que foron identificadas. No exterior, íase xuntando un grupo de xente para mostrar o seu apoio a un centro social que, durante tres anos, estivo a ofrecer ao barrio unha alternativa de participación social á marxe das canles institucionais.
O desaloxo levouse a cabo cun dispositivo policial que acordoou a zona no momento no que abandonaron o espazo as dúas persoas que estaban no interior. A partir de aí entrou en escena Juan Pérez Paz, propietario do inmoble e coñecido especulador da cidade, con especial incidencia no barrio, que ordenou a unha cuadrilla de obreiros que destruísen o tellado e blindasen os accesos.
En todo momento estivo impedido o acceso ás rúas próximas. Só algúns medios, que desde primeira hora tiñan coñecemento da acción que alí se ía a realizar, puideron acceder.
Para hoxe está prevista unha concentración de repulsa ao desaloxo ás 20:00h no Obelisco e o sábado unha manifestación que partirá do Campo dá Leña ás 18:00h, no propio barrio de Atochas Monte Alto.