Periódico Diagonal

HACKTIVISMO | O HACKMEETING CELEBRA A SÚA DÉCIMOSEGUNDA EDICIÓN NA CORUÑA ENTRE O 21 E O 23 DE OUTUBRO

Copiar, colar, poder modificar

A comunidade de hacktivistas xúntase durante tres días no CSOA de Palavea para potenciar sinerxias entre multitude de proxectos en curso.

Marta G. Franco (Redacción)
Miércoles 19 de octubre de 2011.
JPG - 97.4 KB
Foto: Crazy Banana

“Non hai droga aínda no mercado que sexa igual que a satisfacción de participar”, di alguén que leva enredado no Hackmeeting dende o 2002 e quere permanecer anónimo. Tampouco hai nomes aos que entrevistar, pero si persoas coas que falar sobre como e por que fai xa doce anos que se repite anualmente a cita de hacktivistas de todo o Estado.

Durante unha fin de semana, ducias de persoas de distinta procedencia pecharanse nun centro social para partillar experiencias e coñecemento arredor das tecnoloxías telemáticas e as súas implicacións sociais e activistas. Non haberá distinción entre organizadores e asistentes; o evento enténdese coma unha rede na que todas participan aportando os seus saberes ou as súas gañas de aprender en cada un dos “nodos” (obradoiros, charlas ou accións) que o compoñen. Pero máis aló destes días, trátase dunha comunidade baseada no desexo de cooperar mutuamente para construir espazos de autonomía tecnolóxica. É dicir, unha aposta colectiva pola autoxestión.

Segundo opina Azalai, un nick que está involucrado dende a edición madrileña do 2002, “o importante son as relacións que se establecen entre todas as participantes”. Das acepcións do verbo ‘hackear’, Azalai quédase coa máis ampla: unha forma de velo mundo coma algo apropiable e modificable por quen o mira “cunha curiosidade insaciable de coñecementos”. Cada hackmeeting é “un paréntese no tempo e no espazo onde todo está por inventar”. Conta Meskio, para quen ésta é a súa oitava participación, que constitúe “unha comunidade non estruturada da que xurdiron moitos proxectos”. Aínda que traballen na rede durante o ano, os encontros son para D1d4c, que se enganchou en Menorca no 2005, “unha experiencia sinérxica e de mutua contaminación imposible de igualar telematicamente.”

Estas sinerxias nacen nos hacklabs que se multiplicaron polos centros sociais a finais dos ‘90 e celebraron o seu primeiro encontro en Barcelona no 2000, a imaxe dunha idea italiana que se estreou en Florencia no 1998. Moito cambou o panorama dende aquela. Segundo Azalai, “o software libre trascendeu os círculos de iniciados e non implica necesariamente unha determinada ideoloxía nin actitude fronte á”. Agora as redes son máis difusas porque hai mapor diversidade de formas de enlace e acción.

Para Meskio, inclúen “dende a hacktivista que adica todo o seu tempo a preparar campañas á hacker que programa software libre sen pensar nas súas implicacións sociais”. A comunidade techie e a hacktivista están máis diferenciadas que hai unha década. Isto obsérvase en certa evolución temática nos nodos, que inclúen menos experimentación técnica e están máis dirixidos a proporcionar ferramentas para a transformación social. En definitiva, menos nerdcore e máis humanware.

Este ano se falaráse das aplicacións de botón gordo”, é dicir, automatismos que fan un traballo sen que o usuario necesite coñecer o seu funcionamento interno. Un exemplo é Loic, o software que utiliza Anonymous para lanzar ataques masivos ás webs. Só hai que instalalo e, efectivamente, facer clic nun botón gordo para participar. O salto ao foco mediático e judicial de Anonymous foi o último paso para que o ciberactivismo se inclúa no repertorio común dos movimientos sociais. No pasado mes de decembro, coas filtracións deWikileaks, o subsecretario de Defensa dos EE UU William Lynn deixouno claro: “O Pentágono recoñeceu formalmente o ciberespacio coma un novo dominio de guerra”. Apenas unha semana despois a Lei Sinde foi temporalmente freada no Parlamento español. A presión na Internet conseguir impregnar o debate político e mediático. A confluencia de correntes de opinión como Non lles votes co movemento 15M non pasa desapercibida para ninguén que observara os carteis geeks e as máscaras de V de Vendetta nas prazas. Un proceso paralelo á superación das fronteiras entre tecnófobos e tecnófilos nos movementos sociais, en favor dunha utilización máis transversal, crítica e práctica.

Con todo isto aumenta a dispersión, segundo valora D1d4c, “existen infinidade de novas frontes e retos abertos agora mesmo, e quen moito abarca pouco apreta”. En cualquera caso, recoñece, “o traballo que se está realizando é enorme.” Entre os proxectos estrela do Hacktivismo destacan a plataforma Oiga.me, unha ferramenta de participación cidadá que se presentará en breve; Guifi.net, que desprega redes comunitarias para conectarse libremente; e Lorea, xermolo de redes sociais autoxestionadas coma N-1 ou a que utiliza Democracia Real Xa para a súa coordinación interna.Nesta liña, o movemento 15M semella ter polo software libre e o grupo 15hack está coordinando o desenvolvemento e mantemento de ferramentas a nivel estatal.

Voltando ao evento, as participantes ultiman os preparativos nunha wiki aloxada en sindominio.net/hackmeeting. Alí pódense atopar os detalles da programación, propor ou desexar nodos e averiguar que falta por facer. A entrada é aberta e ofrécese comida e aloxamento, pero suxírese inscripción previa para prever as necesidades. Este ano faise especial chamamento á asistencia de medios libres ou de contrainformación co obxectivo de tecer lazos. Non faltará tempo para as accións imprevistas que rodean estes encontros, dende manifestacións con consignas a favor das descargas P2P até cerimonias de culto a root (nome do directorio nai do sistema GNU/Linux), pasando por que os caixeiros automáticos próximos mostren unha mensaxe de “System error”. Cachos de código e rituais dunha comunidade mutante que, conclúe o participante anónimo, “é diversa, hai distanciados, próximos, mestizos... pero somos a mesma familia”.

MEIGHACKS, INVOCANDO HACKERS DE PORTUGAL DENDE GALICIA

Roci Fraga (A Coruña)

A okupación do CSOA de Palavea no verán pasado favoreceu a elección da ubicación. Era un centro de acollida e internamento de monxas que estivo en uso até fai aproximadamente cinco anos, polo que o seu estado de conservación e a súa estrutura (3500 m2 de inmoble e perto de 7000m2 de finca) favorecen este tipo de eventos. Como é habitual nos hackmeetings, unha expedición previa está acometendo a adaptación do espazo. Xa se dispón da internet a través de Guifi.net.

A edición chámase MeigHacks para incorporar imaxinario galego. Ademais, considerouse necesario ter en conta a situación do hacktivismo no eixo atlántico, fuxindo do localismo e incorporando o traballo na rede que se ven realizando entre os hacklabs da Galiza e do norte de Portugal. De feito en Porto levarase a cabo unha réplica a escala local a semán seguinte ao MeiHacks, do 28 ao 30 de outubro.

- EQUIPO DE TRADUCIÓN

LIGAZÓN AO ARTIGO EN CASTELÁN:

- Copiar, pegar, poder modificar

Enviar | Imprimir | delicious Delicious | meneame Meneame | facebook Facebook | twitter Twitter

Portada número 174
Portada número 174

Boletín radiofónico Diagonal 150
Boletín radiofónico Diagonal 150

CreativeCommons Diagonal. C/ de la Fe, 10. 28012. Madrid. Tel.: +34 91 184 184 7 || webmaster[@]diagonalperiodico.net
RSS || Hecho por dabne.net con SPIP en Nodo 50