Lunes 6 de febrero de 2012
As ratas da fábrica de lápis de ferrol
Francisco Maceira (Ferrol)
Leo estes días na prensa opinións a favor do derrubo da fábrica de lápis de Ferrol. Argumentan que é un edificio carente de valor e que hai moitas ratas. Non din así autoridades expertas en patrimonio industrial que confirman a necesidade de manter alomenos as súas sinais identitarias :fachada, cheminea... Conservar estas pezas non está reñido cos beneficios económicos que lexítimamente reclaman os actuais propietarios do inmoble. Todo o contrario pois as vivendas incrementarían o seu valor si se ubican dentro deste ben único do pasado industrial ferrolán. Cabe recordar que no nome das ratas derrubouse no seu día o barrio de Esteiro. Tamén se vendeu o buque escola "Galatea". No nome das ratas quíxose tirar o casco histórico de Santiago e as murallas de Lugo. Non podemos deixar temas tan importantes como a conservación do noso pasado en mans dos políticos . É verdade que o mundo do Johann Sindel está ameazado polas ratas. Pero non as do solar -que non as hai- senón polas que pululan por dentro das nosas institucións.
|
|
Delicious |
Meneame |
Facebook |
Twitter